29/10/08

Apadrina un árbol (Pro Quercus Árbore Viva)






VISITAelBosqueApadrinadoEnElCorgo-LUGO

"PRO QUERCUS ÁRBORE VIVA"
Autóctonas de interese


Denantes do descubrimento das Américas, as castañas eran unha base fundamental, tanto na alimentación humana coma ná animal, e seguírono sendo ó longo de moitos séculos, pre xa en menor tendenza, pola grande implantación da pataca.
As particularidades destes froitos, fan que se conserven case tod-ó ano, e servan esí, de gornición en numarosas receitas, ou formen tamén, pratos únicos; tan populares coma o caldo de castañas, castañas e leite, ou as típicas castañas asadas; amén doutros de moderna elabouración cama: purés e marmeladas, castañas asadas recubertas de azucre ou chicolate, que ben sendo o chamado marrón glasé que, goza de merecida fama internacional; ou as coñecidas tortas de castaña do Courel.
A castaña tan inaccesíbel no ourizo, e tan doce despois, é un dos poucos froitos capaz de xuntar a xente dunha vila, ou dunha parroquia, tendo coma canle os moitos magostos populares que facíanse ó longo do territorio galego; recupérase algo aquela tradición agora, facéndoos tamén nalgunhos colexios.
Facía ringleiras de xente a castaña nas capitais, agardando ser despachada polos asadores ambulantes que, nun día deses escuros e fríos,quéntache o corpo e mantenche a ialma.
Denantes, tamén era quen a castaña de reunir ós veciños pra iren varexar os castiñeiros, e apañalas deseguido en cestos, ou tamén facer ouriceiras no mesmo souto; é dicir, pilas de orizos que gardaban a propria castaña drento de sí; logo, as devanditas moreas, recubríanse ben con fieitos e silvas, e deste xeito, conservábanse as castañas ó ventimperio parte do inverno; ou ben fôra, ata que facía falla ir a elas.
E mesmo conseguía a boa da castañiña levar o souto unha manada de vacas, ou unha piara de cochos que, mantíñanse e entretíñanse ata ben pasada a noitiña; ¡se se ían buscar, claro, que senón, mentras houbese castañas, non aparecían pra casa os animás.!
Lembrar como non, aqueles castiñeiros grandes e centenarios cunha caroca no meio, que daban acubillo as curuxas, abrigo os pastores, e diversión os nenos.
Un dos castiñeiros inventariados que pode ser o máis vello da Galiza, é o de Pumariños, en Manzaneda, Ourense, que pode pasar dos mil anos. Hoxe poucos castiñeiros daqueles fican, nonos hai antergos nin noviños tampouco, dun tempo a está parte, non se prantaron apenas fagáceas, e por outra banda, un fungo chamado tizón que, apareceu en Nova Iorq polo 1904, e pro que non se descubriu ningún remedio que dese bo resultado; matou xa a maioría dos castiñeiros dos Estados Unidos; e comeza a facer estragos tamén o tizón, nos castiñeiros europeos. Esique, se non facemos algo, corren malos tempos pra istas árbores de nobre madeira e preciosos froitos.
Por tod-ó dito, considero moi bo pro desenrolo sostible do noso peís, voltar a prantar castiñeiros, e explotar a madeira e a castaña coma facíase en tempos antergos.
Quercus Robur, son os nosos carballos máis comúns, que tantas landres deron pra mantérmolos nosos cochiños, e quitárnola fame das nosas xentes.
O carballo, o rebolo, lla carba, son especies do peís, e sempre estiveron connosco. Cando chegaron os románs a Lugo, ó veren tanto carballo déronlle o nome de Lucus, nome latino que empregaban pra designar grandes carballeiras; xa que pra eles os carballos eran sagrados pola súa grande fortaleza; o mesmo que tame-no eran pros celtas, que empregaban as súas follas nás súas cerimoñas. Suponse logo que, o que é hoxe Lugo, daquela fose unha grande carballeira, ficando ó presente aínda algunhos vestixios: comas carballeiras da Acea da Olga, A das Termas, algunha que hai pola Campiña, e no contorno do parque dos Paxariños, e nas ribeiras outas do río Rato e do Miño, a carballeira da Nadela, e outras pola zoa do Calde.
Quercus pyrenaica é o rebolo, estando presente tamén por certas partes da Galiza, agás nás zoas costeiras, que non se dá ningún Quercus; pre onde aparecen algunhas formacións boscosas, é polo suleste de Lugo, e asemade polo sul e o suleste de Ourense. Deferénzanse os rebolos e mailas carbas con respeuto ó carballo, en que teñen as follas máis ásperas, xa que posúen pilosidades no envés; son de pranta máis pequena e toro máis flebe; e as súas landras non están inseridas nó pedúnculo ou rabo, senón que nascen da punta das poliñas.
Quercus petraea, é a carba, sendo moito menos abondosa, e só forma albogos nás zoas montañosas por riba dos 1200 m., atopándose istas nás serras dó Courel e dó Invernadoiro.
Estas tres castes de carballos conservan a súa folla ata primavera, sendo especies monoicas, ou sexa, a mesma árbore ten frores femininas e masculinas que, agroman despois de saíren as follas novas ó longo de abril e maio; e ademais non comezan a botaren frol ata que fanse adultos, cando teñen entre quince e vinte anos.
As fragas e carballeiras van desaparecendo da Galiza xa dende comezos da idade media, usándose a súa madeira pra facer barcos, teitumes de vivendas, e tamén carbón; despois no século dezanove, coa aparizón do ferrocarril, pincháronse moitas pra facer as travesas das vías; e xa no vinte, coa chegada da moderna agricultura e gandeiría fixéronse novas terras de cultivo, e unha boa parte das carballeiras privadas desapareceron, agás algúns carballos que ficaron nos balados ou en áreas inaccesíbeis.
As carballeiras máis notorias da provinza de Lugo son as púbricas; citemos algunhas: A de Sistallo no Cospeito, a da feira no Castro Ribeiras do Lea, A do Saviñao, a do Páramo, a da capela de San Miguel de Castrillón no Corgo, A da xira da Vilalba, A da capela da Vilabade no Castroverde. E tamén atopamos Fragas no monte comunal, Coma: A Fraga Vella, en Mondoñedo; na Valeira temos a Marronda do Martín, que agocha tamén un dos faiais máis importantes da Europa, e a Raíz das Penas, cun manancial de augas ferruxinosas moi socorrido noutros tempos por numarosos doentes. O Bosque, entre Maderne e a Veiga de Logares, ná Fonsagrada; estas citadas da Valeira e da Fonsagrada foron nomeadas recentemente reserva da biosfera. Lembrar a fraga das Nogais, ná que xa se rodaron películas; e outras que hai nás comarcas de Navia de Suarna, Cervantes e o Caurel, que asemade, son hoxendía reserva da biosfera; o mesmo que tamén o son as da comarca de Allariz, en Ourense. Non se deben deixar de nomear as célebres Fragas do Eume, vestixio senlleiro do bosque Cantábrico, alá polas bisbarras do río Eume, na Ferrol Terra.
Subliñar do mesmo xeito, algunha carballeira privada, coma é, a Fraga Verde, no Monte da Silva, no Corgo; ná que dous emprendedores, Antón Cando e Antonio Gude, comezaron un proxecto pioneiro e a súa vez senlleiro, chamado "Pro Quercus Árbore Viva," consistente en apadriñar autóctonas, principalmente carballos; ( a falta dunha lei cás protexa) ca fín de sensiblizar a sociedade pra promover a súa conservación e a súa prantación; e por ende, o turismo nesa zoa. Temos que pensar, que un carballo adulto consome o día unha cantidade moi considerable de dióxido de carbono, e tamén bombea a atmosfera perto de mil litros de auga, que logo voltarán a terra, contribuíndo en grande medida, o mantemento do ecosistema e a paliar o cambeo climático.
Un non pódese esquecer tampouco que, ná Galiza hai máis de seiscentos topónimos que fan alusión os carballos; e entre-les, atopamos algunhos dos que son os seres vivos más vellos desta terra, pasando dos mil cincocentos anos, coma o da carballeira do pazo de Cartelos, no concello do Carballedo, Lugo, que ten 11,5 m de corda, 34 de outo, e 634 m2 de arboradura; que pode ser o ser vivo máis vello do mundo da súa especie. Outro quercus excepcional, e moi visitado que, xa foma parte da escrita ó sere inmortalizado nun poema, é o carballo de Luxis, no concello da Pastoriza. Hai que destacar tamén, os catro carballos e mailo freixo, de notábeis dimensións todos, preto de seren milenarios posibelmente, que viven no campo da eirexa, na Muimenta, Lugo.
O carballo forma parte da vida dos nosos labregos, está presente por toda-a casa: nás vigas de cerna dos teitos, nás táboas do piso, nás portas, nás fenestras, nás contras, nás uchas do pan, nos barreliños das crianzas, nás barricas do viño, (exportados hoxendía os devanditos barricos ó Reino Unido, pra almacenaren o güisque que, disque dálle un sabor único,) atopamos madeira de carballo nos cestos das viandas, e noutros rústicos mobles. Esí coma, nás loras, nos xugos, nos carros, nos arados; e tamén nos zocos de empeña; e anque nono vexamos tamén vai algo do noso querido carballo, nas polainas, nás albardas, nás botas do viño, e noutras peles; xa que, istes coiros cúrtense cos taninos, que obteñense das bugallas que aparecen nás follas e nás canas dos carballos, que son pruducidas pola posta de ovos de algunhos ensetos; tamén coñecidas istas formacións, co popular nome de mazás do carballo. ¡E con qué quéntanse, e conque cociñan a mulleres do campo,! sobor de todo, con leña de carballo.
Hai que dicir, que o campesiño ata fai ben pouco sempre defendeu o carballo, xa que dependía dél; lembremos que o maior consumo era o de leña, e por iso sempre esmoucaban as polas, pre case nunca pinchaban polo pé, e diste xeito, tiñan de cote unha xeración de carballos dando leña pro lume.
Nós propuxemos dende Pro Quercus Árbore Viva, que téñase en conta a nosa idea de apadriñar autóctonas centenarias, promovendo dende os concellos, deputacións, Xunta, asociacións, empresas, fundacións, e particulares, ista nobre maneira de paliar a polución e potenciar o turismo. Pra iso, propoñemos unha pequena taxa verde as empresas que realicen obras contaminantes, sobre todo, a modo pioneiro naqueles concellos con representación de Terra Galega, pra dárllela devandita taxa os nosos veciños, en forma de apadriñamento das súas autóctonas; sempre co compromiso por parte deles, de mantelas en bo estado de conservación, e non pinchalas.
Con ista iniciativa conseguiríamos reducir a contaminación atmosférica, potenciar o turismo da zoa, e preservar a entidade da Galiza; que por algo e pra algo, levamos o símbolo do carballo no logotipo do noso partido.
Por tod-ó exposto, propoñemos a prantación de carballos, cada especie na súa zoa de orixe, pra tere a medio-longo prazo reservas de madeira nobre, tan demandada a día de hoxe na restauración de vivendas rurais. Propoñemos asemade, a conservación das exemplares antergas atraveso do apadriñamento promovido pola entidade ecolóxica "Pro Quercus Árbore Viva;" porque sería entre outras razóns, un emblema da identidade, un referente ecolóxico, e un reclamo turístico.
Unha árbore tan indispensábel en tódolos sensos, coma é o carballo, ben mereceríase un monumento; mais eu como non sei tallar, fíxenlle un moi modestiño de letras; que tamén empregamos nás cerimoñas de apadriñamento do noso colectivo "Pro Quercus Árbore Viva:"


¡Ouh Quercus
carballos
rebolos
e carbas.
Ouh vosoutros
que fostes
sagrados
pros celtas
e pros romanos.
Ouh vosoutros
que algunhos
aínda estades
Connosco .
Ouh vosoutros
árbores nosas,
milenarias
e centenarias.
Ouh vosoutros
que sodes
os seres
vivintes
máis vellos
da Galiza.
Ouh ti, quercus
meu carballo,
xa ficas
apadriñado,
por alguén
que che quere,
pra que xamais
sexas pinchado।!

An
n
C
a
n
d
o